O proceso de adaptación aos cambios non é fácil. Despois da etapa da Educación Infantil moitas cousas cambian, pero outras permanecen. Unha delas é a figura do encargado da clase, que reparte o material e axuda ao mestre nalgunhas tarefas.
Dado que a nosa clase non é moi grande, decidimos empregar unha das columnas para situar a listaxe de alumnos e alumnas. Decoramos os nosos nomes con rotuladores, encollendo libremente a cor e despois colocámolos en orde.
Podedes ver na foto o resultado!

Ningún comentario:
Publicar un comentario