Hoxe celebramos o día das diferencias, xa que todos somos distintos. E na variedade está o gusto. Aprendemos uns de outros cada día, porque todos e todas temos moito que ensinar aos demais.
Na clase traballamos un conto fantástico chamado: "Un mar de colores" e despois démolles cor a noso mar, cheo de peixiños de distintas formas e cores.
Ademais vimos o conto: O cazo de Lorenzo, que nos gustou un montón. E fixemos un debuxo de Lorenzo e o seu cazo no noso caderno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario