Xa estamos de volta! Neste 2º trimestre xa somos "veteranos". Entre as novidades da aula, contamos con novos carteis, unha cinta métrica onde nos imos medindo cada trimestre para ver canto medramos, un contador de 100 días (cando pasen 100 días, montaremos unha festa), diñeiro para cambiar no ClassDojo polas novas recompensas (aínda temos que decidir que imos puntuar tanto positivo coma negativo) e un recuncho onde poñeremos as fotos dos Artist que traballamos en Arts & Crafts. Como novidade, comezamos este trimestre co cálculo mental 4 días á semana, e despois de dúas semanas teño que dicir que non o fan nada mal!👌
O seguiremos pasando requeteben! (e traballando tamén😉)






Ningún comentario:
Publicar un comentario