Esta semana foi a nosa última semana completa.
Baixamos á biblioteca, linlles o conto: "Como esconder un león.", traballamos co diñeiro 💲, fixemos un mandala con plasti, fumos tamén á aula de informática 💻a seguir traballando co Word, cada día dáselles mellor, e puxemos nota á profe😮. Estamos levando as cousas para casa porque xa non queda nadiña. Apurando ata o último momento!
DIÑEIRO: Mercamos no GADIS.
O MANDALA: Moita paciencia estirando a plastilina...
INFORMÁTICA: Escribimos Os nosos plans de verán!
Os 2 días de cole que quedan serán intensos, facendo cousiñas que quedan, preparando os traballos para levar ás casas e indo de excursión o parque de Santa Margarida o último día!
ÁNIMO!






















Ningún comentario:
Publicar un comentario