Arquivo do blog

4 de decembro de 2016

Educación 3.0

Un bo método para que os alumnos de Primaria reforcen de forma divertida os coñecementos de inglés poden ser as apps para dispositivos móbiles, tanto tabletas como smarphones. Digo poden ser, porque, na miña humilde opinión, son un recurso máis pero tampouco debemos abusar.

Aquí vos deixo algunhas que poderían ser interesantes por se queredes botarlles un vistazo:

LITTLE SMART PLANET: é unha plataforma de xogos dirixidos ao alumnado de primaria e permite que s alumnos reforcen tres materias troncais (lingua castelá, matemáticas e inglés). Segméntase en tres xogos por materia e curso, e dentro de cada xogo os nenos/as deberán superar catro niveis. Está dispoñible para calquera dispositivo con sistema operativo iOS e Android.


LEARN ENGLISH KIDS: ofrece oito contos interactivos para desenvolver a confianza na lectura dos alumnos/as de 6 a 8 anos. Os seus protagonistas son os espías espaciais Sam e Pam, que cando visitan a Terra comezan a aprender inglés. Cada xogo de fonemas repítese ao longo da historia, alentando aos nenos/as a entender a relación entre os sons e as letras. Esta app, desenvolvida polo British Council e destinada aos dispositivos iOS, on tamén moito énfase en incrementar o vocabulario.


PILI POP: é un xogo para estudantes de 6 anos adicado á comprensión e expresión oral deste idioma. Esta app incorpora recoñecemento de voz integrado para mellorar a súa pronunciación, comprensión coa voz de anglófonos nativos, audio-diccionario...
PLAY WITH ENGLISH: destinada para dispositivos iOS, esta app ofrece distintas actividades: sopas de letras, xogos do aforcado, probas de comprensión lectora e de vocabulario... Ademais artéllase en tres niveis de dificultade. A súa descarga é gratuita e inclúe o primeiro nivel con gran variedade de xogos.


FUNLAND: creada polo Cambridge English Language Assessment, que forma parte da University of Cambridge, esta app está dispoñible para os dispositivos que usen sistema operativo iOS. É un xogo divertido ambientado nunha feira e dun nivel un chisco máis elevado (dirixido a estudantes de 6 a 12 anos). O grao de dificultade aumenta durante o xogo pasando dun nivel máis sinxelo a outros máis esixentes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario