O blog xa ten máis dun mes de vida e aínda non fixemos ningunha entrada sobre a materia de música, parece mentira!
Pois hoxe queremos compartir con vós unha famosa peza musical coa que traballamos a percusión corporal na clase: Marcha Radetzky!
A Marcha Radetzky é unha composición orquestal de Johann Strauss (pai) moi popular porque é a peza coa que se acaba o archicoñecido concerto de Ano Novo de Viena. Durante a interpretación desta obra, ano tras ano, a audiencia aplaude levando o pulso e o director dirixe ao público.
Xa sabedes que a música clásica é unha fonte de disfrute para grandes e pequenos, por iso, no seguinte vídeo, vos deixo a Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo de 2009, dirixido por Daniel Baremboim (por certo, un dos meus directores de orquesta preferidos). Como veredes, a complicidade co público é total. Atrevédesvos a acompañala tamén vós?
Ningún comentario:
Publicar un comentario