Despois de quitar a decoración do Samaín do noso anaco de corredor, tiñamos a obriga de poñer algo chulo, así que durante estas dúas semanas, nas sesións de Arts & Crafts coa axuda de Natalie, a nosa auxiliar de conversa, fixemos un oso cun xersei que trenzamos con tiras de papel de diferentes cores, pintámoslle pelo, e coloreamos...e un bufo moi simpático feito co cartón do papel hixiénico e follas secas das árbores! Volvemos ser a sensación do noso corredor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario