Neste curso tan atípico, quedou pendente celebrar o Magosto e comer as castañas que tanto nos gustan no patio de cole. Pero o noso marabilloso equipo EDLG (dinamización da lingua galega), preparou unha actividade moi divertida e tamén moi laboriosa 😊
De primeiras escribimos no encerado as cousas que desexamos facer cando este Coronavirus marche das nosas vidas. Dixeron cousas como: aniversarios, avós, apertas, bicos, Noiteboa, fóra máscara...
E nalgunhas das castañas escribiron estes desexos. Entón, pintaron e recortaron as castañas, pegaron os cornetes feitos de papel de xornal, decoramos, e fixeron (e fixen) nós a esgalla, para atar as castañas!
Pero quedaron moi, moi feitiños! Espero que ás familias gustáralle moito o produto final que levaron para a casa este venres!







Ningún comentario:
Publicar un comentario