Arquivo do blog

5 de maio de 2021

3ª etapa do Camiño!

O Camiño  está a piques de rematar. 

Estas dúas semanas, traballamos o 3º tramo que vai dende Lameira ata a AC222. Pasamos por Sergude, e atravesamos o río Barcés, onde está o ecomuseo con 14 muíños. 

Volvimos ver  o noso routeiro en Google Earth e comezamos a nosa gymkana por equipos, onde cada equipo ten que responder a unha pregunta, e para iso, debe saír a buscar a información no mural do corredor. Cando atopan a resposta, apuntámola na nosa liña das distancias, onde iremos anotando a información máis relevante.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario