Arquivo do blog

7 de maio de 2021

TEMA5 NATU, OS MATERIAIS.

 Neste tema de naturais, estivemos vendo e coñecendo os distintos materiais.    

 Investigamos que cousas se disolven e cales no, probando, por exemplo, area, azucre, café..Fixemos unhas misturas que logo colamos para ver o que pasara. 

  Coñecimos materiais moi raros, vimos un trilobite, lava enfriada (cortesía da mestra Laura), a planta do algodón... Os nenos e nenas animáronse e tamén trouxeron algúns dos minerais que tiñan na súa casa ou atopaban polo camiño. Foi do máis interesante! Grazas a todos e todas!👌








































Tamén traballamos a importancia das 3R (Reducir, reciclar e reutilizar) e tamén Reparar.
Coñecimos ao Capitán Verdemán para aprender a separar os residuos, segundo o seu colector.

E falamos sobre a importancia de empregar fontes de enerxía renovables e usar menos as non renovables.










Ningún comentario:

Publicar un comentario