Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, unha data a conmemorar marcada no calendario escolar galego.
Nós desde a aula traballamos a igualdade de xénero para promover, no futuro, unha sociedade non discriminatoria, e así foi como o fixemos...
Primeiro visionamos o conto ¿Hay algo más aburrido que ser unha princesa rosa? da autora Raquel Díaz Reguera.
Despois da audición do conto, fixemos un pequeno debate e saíron temas moooooi interesantes.
Por último, decoramos a protagonista do conto con roupa que, por suposto, non fose rosa!
![]() |
| Así luce Carlota na cortiza da aula. |



Ningún comentario:
Publicar un comentario