Hoxe queremos compartir con todos unha das actividades que facemos todos os venres. Primeiro visitamos a biblioteca do cole para escoller un libro para ler a fin de semana e ao voltar á clase traballamos "o conto da semana".
O conto da semana, é unha actividade para fomentar a lectura a través de textos en distintos formatos: audiocontos, libros en formato papel, vídeos...
A pasada semana, coincidindo co Samaín, traballamos co conto Fiz, o coleccionista de medos, de OQO editora, unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.
Nesta ocasión tocou videoconto, e aquí o podemos recordar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario