Hoxe temos unha boa nova que comunicarvos! A nosa aula foi seleccionada para participar no "Plan Proxecta: Protexe os animais". Trátase dun plan, promovido pola Consellería de Medio Ambiente, que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa facorecendo a innovación nos centros educativos a través de programas que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.
O obxectivo deste programa é concienciar a sociedade actual no respecto e
na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na
tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas
non desexadas.
Ao longo do curso aprenderemos un montón de cousas sobre o tema, con actividades de todo tipo que nos axuden á concienciación na protección e no respecto polos
animais.
Iremos informando dos nosos avances!

Ningún comentario:
Publicar un comentario