Aínda que eu, persoalmente, son máis fan da Candeloria, unha festa típica galega celebrada o día 2 de febreiro, que di que é cando casan os paxariños e que medio inverno vai fóra, este curso por loxística, non deu tempo a celebralo, así que é igual de bo celebrar San Valentín , o día do amor en tódolos ámbitos!
Nós, fixemos unha postal para amigos, amores ou familia! Tamén fixemos o corazón de 1º, xa que 1º está formado por todos nós, somos unha pequena gran familia! Cada peza ten a mesma importancia, e aquí estamos para apoiarnos uns a outros! Tede un Feliz San Valentín! Non esquezades decirlle á xente do voso arredor canto vós importa! Unha aperta grande, queridiños e queridiñas! 😘😘😘😘😘😘

















Ningún comentario:
Publicar un comentario