Arquivo do blog

20 de febreiro de 2021

Repaso de Ciencias Naturais!



 Xa rematamos o tema dos animais e das plantas, e agora toca xogar para consolidar eses contidos. 

Cos animais🐄🐍🐤🐙🐠, estamos clasificando todos os que temos en distintos botes. Aínda non rematamos, por agora estamos co grupo o que pertencen, e esta semana tocará clasificalos segundo a súa alimentación.














En canto ás plantas🌷🌴🌱, estamos comprobando se o que estudamos é certo e o talo transporta a auga por toda a planta. Para eso, puxemos tres caraveis brancos, cada un nun bote con auga e colorante, un azul, outro verde e outro vermello, e un cuarto o deixamos en auga soa. Estamos observando os cambios! Xa van collendo cor!








Aquí tedes unhas fichas para facer de repaso! 👌

Ningún comentario:

Publicar un comentario