Esta semana comeza a conta atrás para o Entroido. Xa temos lista unha parte do disfraz e a principios de semana remataremos!!!👌 Tamén temos listo o noso mural no corredor cos nosos Peliqueiros! Quedaron moi chulos! Lembrade co luns estará no cole o MECO cos seus mandados:
Eu son o Rei do Entroido,
O Meco fágome chamar,
obedece as miñas ordes se ben o queres pasar.
Para verte ben por diante é por detrás,
O MARTES un mandil traerás.
O MÉRCORES vai molar un montón,
trae calcetíns diferentes por riba do pantalón.
O XOVES é víspera de festa,
viste de vermello e de forma correcta.
E recorda!
Cada día traerás,
o deste día e os de atrás!
(Equipo EDLG)
Velaquí vos deixo unha nota onde espero que escribades palabras que coñezades sobre o Entroido, tanto vós como as vosas familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario