Co Entroido comezamos un proxecto a nivel de centro onde traballaremos o Camiño de Santiago. Primeiro foi coñecer, a grasdes rasgos, algunhas das características do Camiño e o traxe dos peregrinos. Agora comezamos co Camiño en sí mesmo. Escollimos o Camiño Inglés, e nós, 1º, optamos por traballar a etapa que vai dende A Coruña ao Hospital de Bruma (Etapa 1B).
Estas últimas dúas semanas traballamos o tramo que vai dende A Coruña ata O Burgo. Empregando o Google Earth, creamos un proxecto onde fumos gardando cada sitio por onde imos pasando. Partimos dende a Igrexa de Santiago, fomos polos Cantones ata saír de Coruña, chegar a Eirís polo Monte Mero, chegar a O Portazgo, e por último, O Burgo. Quedamos onde a ponte medieval que separa O Burgo do concello do Temple.
Estivemos a falar de cada sitio, que monumentos e sitios hai para visitar, que podemos comer, que festas hai...e fumos pouco a pouco plasmando esa información no noso mural.
Á volta das vacacións, iremos traballando o resto de tramos, aprendendo cousiñas sobre a nosa contorna e iremos a visitar as distintas etapas que están a facer o resto de clases.









Ningún comentario:
Publicar un comentario