Esta semana celebramos no cole a SEMANA DA PRENSA, onde baixamos á biblioteca, facer diversas pescudas sobre mulleres periodistas/escritoras galegas. Para tal mester, o equipo de Dinamización da Lingua Galega, preparou uns carteis con diversa información e unhas preguntas. Dividímonos por equipos, e cada un adicouse a atopar a resposta a unha das preguntas. Dimos respodido a todas e o pasamos moi ben! Foi unha actividade moi divertida!
Ademais, traballamos co xornal e andivemos buscando e lendo novas, para despois traballar as partes da noticia.
liveworksheets.com
Tamén vimos as curtas de "SúperLola" e "Las princesas también se tiran pedos", e fixemos un debuxo das mulleres da nosa vida. A verdade que son uns artistas! O traballo conxunto feito entre todos, quedou fenomenal! ♥️










Ningún comentario:
Publicar un comentario