Arquivo do blog

26 de marzo de 2021

Últimas actividades do trimestre

            Xa rematou o 2º trimestre, e foi visto e non visto!

     Algunhas cousiñas que quedaron no tinteiro foron:

* A nosa mestra Laura trouxo o seu violín e tocouno para nós, encantóunos! Todos e todas queriamos aprender a tocalo!

Tamén fixo un xogo da oca para repasar os contidos do trimestre, e foi unha actividade moi divertida!



E, preparou un Contacontos do libro "Feliz Feroz, o lobiño riquiño" con monicreques, que nos gustou moito, aínda que un deles perdía un ollo a cada pouco!




    *Marchou a nosa benquerida conserxe Rebeca, que é unha persoa excepcional e marabillosa en todos os aspectos! A botamos moito de menos!     Fixémoslle unha postal moi chula!





      *E rematamos o día de hoxe facendo un paxariño en Arts & Crafts, para darlle a benvida a nosa querida PRIMAVERA (SPRING).




    💚Deséxovos a todos e todas que descansedes moito estas vacacións, collades forzas para o último empurrón do curso! Xa non queda nadiña para o verán!  Traballáchedes moito e moi ben! Estou moi orgullosa de vós!  Unha aperta enorme, meus pequerrechiños e pequerrechiñas! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario