Arquivo do blog

10 de abril de 2021

BENVIDOS E BENVIDAS Á 3ª AVALIACIÓN.

 Xa está aquí a última avaliación, xa somos veteranos e veteranas en Primaria! 

Esta 1ª semana foi "light", fixemos repaso, puxemos algunha norma nova, como poñer xa no noso caderno a data en formato longo,  estamos a piques de chegar o día 100 no noso contador e facer un día de festa, e seguimos avanzando na nosa etapa do Camiño vendo a nova ruta no noso proxecto en Google Earth.

Deixamos a clase moi chula cos nosos paxariños (birds) e bolboretas (butterflies) vixiándonos dende as fiestras e, en Arts, fixemos a nosa pulsera co nome. 

Espero que veñades con forza para rematar 1º! O estades a facer requetebén! ❤



















Ningún comentario:

Publicar un comentario