Estas últimas 2 semanas, fixemos outra parte do noso routeiro do Camiño. Facemos a etapa A Coruña ata o Hospital de Bruma. Antes das vacacións fixemos a parte dende A Coruña ata O Burgo.
Estas dúas semanas, cando volvimos da Semana Santa, traballamos a ruta que vai dende O Burgo ata Lameira (8,7 Km), concello de Carral. Observamos os camiños e os monumentos dende a app Google Earth, e logo decoramos esa parte no noso mural. Estanos a quedar moi, moi completo!
Esta semana traballarán cada un, coa súa liña das distancias onde poderemos ir anotando individualmente cousiñas sobre cada pobo/aldea/cidade por onde imos pasando!








Ningún comentario:
Publicar un comentario