Esta semana celebramos a Semana do Libro📚. Estivemos toda a semana lendo un conto por día, e fixemos uns marcapáxinas moi bonitiños.
Dende o equipo da biblioteca fixemos un libro xigante para decorar a nosa biblio, e algunhas das nenas que trouxeron o libro baixaron a recomendalo. Todos os que trouxeron un libro para recomendar o fixeron na clase, pero por loxística, só puideron baixar 4. Coma sempre o fixeron fenomenal!
Hoxe aprenderon o que era o DOODLE de GOOGLE. Onte foi o Día da Terra, e esquecínme de ensinar o doodle tan fermoso que puxera Google, pero ca mellor ca hoxe co Homenaxe á Ñ! Esa letra tan nosa!💕💕💕
















Ningún comentario:
Publicar un comentario