Arquivo do blog

23 de marzo de 2020

Anímaste a facer un diario?

Imos a estar moitos días metidos na casa sen poder saír e, de seguro, que cada un de nós vai pasar o tempo de forma moi diferente aos demais. 

Anímovos a que fagades un diario persoal onde contedes as actividades e tarefas que facedes cada día. E cando voltemos ao cole podemos compartilo cos nosos compañeiros e compañeiras. 

Xa sabedes, buscade unha libretiña que teñades pola casa e a escribir! Eu xa o estou facendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario