Ola!
Aquí tedes unhas fichas con actividades de repaso sobre o que aprendemos ao longo do trimestre. Antes de facelas deberedes ler nas páxinas 130 e 132 do libro a información que atoparedes sobre "O artigo" e sobre "As contraccións do artigo". Ao mellor non sabiades que este tipo de palabras se chamaban así, pero estamos cansos de ver artigos a diario: nos enunciados dos exercicios, nas lecturas, nos carteis...
Seguro que estas actividades vos resultan moi doadas!
E lembrade outra vez, que se non tedes impresora, podedes facelo na libreta ou en follas soltas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario