Hoxe levanteime pensando que, o que peor que levo de estar na casa, é non poder vernos, seguro que a vós tamén vos apetece ver aos compis do cole, non?
Así pois, ocorréuseme que, se tedes posibilidade, me fixerades chegar unha foto vosa (a través do correo electrónico) cun carteliño onde lle mandedes unha mensaxe curta, o máis orixinal posíbel, aos vosos compañeiros e compañeiras, ou tamén aos profes. Despois xuntareinas todas nun vídeo e compartireino con vós!
Se queredes participar, envíadema antes do domingo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario