1. Visionar en Youtube o seguinte vídeo e a partir del elaborar unha lista de accións que vemos cada día ao noso arredor, a través dos medios de comunicación (sexan televisión, prensa, medios dixitais...) que promoven a solidariedade e axudar a facer o ben aos demais.
2. Obradoiro "A Biblia e a arte".
Cada alumno/a elixirá varias obras de arte (pintura, escultura ou arquitectura) e confeccionará un pequeno libro de arte relixioso, onde fará unha breve explicación sobre cada unha das obras elexidas. Podedes facer visitas a distintos museos online, entre outros:
MUSEO DO PRADO
MUSEO VATICANO
3. Os alumnos e alumnas que o desexen poden acceder á web do alumnado de Anaya onde atoparán recursos dixitais complemetarios aos libros de texto, recomendacións de lectura e propostas de ocio educativo para realizar individualmente ou en familia.


Ningún comentario:
Publicar un comentario