Ola todos e todas!
Sei que algúns de vós xa rematastes a lectura que tiñamos prevista para Lingua Galega. Así que aquí vos deixo as actividades propostas sobre o libro.
ACTIVIDADE 1: FICHA DE LECTURA
Nela aparecen datos coma o título, a autora, o ilustrador, a editorial ou o ano de publicación, que deberedes consultar no propio libro. E tamén outros datos para redactar vós: o resumo, a opinión e a valoración persoal do mesmo.
Se pinchades neste enlace tedes acceso ao documento:
ACTIVIDADE 2: O CÓMIC DE OTA QUERE VOAR
Propóñovos a creación dun cómic sobre a historia que se narra e que acabades de ler. Podédelo facer con total liberdade, usando o número de viñetas que consideredes, elexindo as tramas que máis vos engancharon, coloreando ao voso gusto...
E recordade que se non tedes xeito de imprimilo, podedes adaptar as tarefas a calquera outro formato, por exemplo en follas soltas que arquivaredes de forma ordenada nunha carpeta.

Hola Sandra
ResponderEliminarNon atopo a ficha do libro
Upps! Creo que subín os enlaces no lugar que non eran, a ficha está no enlace do cómic e ao revés! Mira a ver se así a atopas.
ResponderEliminarPor certo, non sei quen es!Para a próxima escríbeme o teu nome, vale? Un saúdo