O galego é unha lingua que podemos usar con normalidade e sen filtros en todos os ámbitos e situacións da vida cotiá, tamén na música. Podemos escoitar música en galego de todos os estilos: rock, pop, rap, folk...
Hoxe quería darvos a coñecer un tema que leva por título Afouteza (unha das miñas palabras favoritas en galego) do grupo galego Ruxe Ruxe. Esta canción podédela acompañar con percusión tal e como nos indican nas instrucións iniciais do vídeo, ou simplemente podedes cantala coa letra que vos deixo ao final da entrada. Esta letra, para min, cobra moito sentido nestes días que estamos a pasar. Que vos parece a vós?
Tal día coma hoxe,
nun sitio coma este
estaremos brindando
polos tempos mellores.
Como unha folla perdida
arrincada dalgún libro
coma un fugaz recordo
espertando dun mal soño.
Non, non!
Renderse non é opción!
Teremos sempre a forza necesaria para vencer!
Forza e afouteza necesaria para vencer!
Tal día coma hoxe,
nun sitio coma este
estarémonos rindo
daqueles tempos peores.
Como unha estrela caída
arrincada dalgún ceo
como unha frase esquecida
no medio dun verso vello.
Non, non!
Renderse non é opción!
Teremos sempre a forza necesaria para vencer!
Forza e afouteza necesaria para vencer!
Afouteza. Ruxe Ruxe
Boa fin de semana!
Boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario