A nosa lingua ten un léxico moi amplo, grazas a iso podemos comunicar todo o que sabemos e sentimos. Con todo, moitas veces non entendemos as palabras ou non coñecemos con exactitude o que estas queren dicir, por iso é importante usar o dicionario.
Un dicionario en liña é un dicionario creado en soporte dixital, fronte aos tradicionais que empregan un soporte físico, habitualmente papel. O seu funcionamento é bastante sinxelo, os usuarios e usuarias deben introducir na ventá de búsqueda o termo cuxo significado queren coñecer e aos poucos segundos, o motor de búsqueda localizará a resposta á consulta e mostraraa na pantalla.
Deste xeito, a actividade que vos propoño hoxe é procurar no dicionario da Real Academia Galega cinco palabras das que temos escritas no noso mural colaborativo. Despois, no voso caderno ou nunha folla deberedes copiar o seu significado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario