Arquivo do blog

5 de maio de 2020

Ditos e refráns

Os ditos son expresións que teñen unha forma fixa e un significado figurado, é dicir, distinto do que ten cada unha das súas palabras.
Exemplo: "Xoán púxose coma un pito ao saír da escola" non significa que esa persoa se convertiu nunha ave, significa que se mollou moito.

Os refráns son textos breves que transmiten un saber popular.
Exemplo: "En abril, augas mil" significa que é un mes no que adoita chover moito.

Así pois, coa chegada do mes de maio propóñovos que busquedes pola internet ou preguntando na casa refráns ou frases feitas relacionadas con este mes e que os escribades. Seredes quen de atopar polo menos cinco diferentes? Seguro que si!

Aquí vos deixo os meus exemplos:
- "Moitas augas en maio traen mal ano"
- "Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio florido e fermoso"

Tamén podedes recollelos en castelán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario