Ola!
Gustaríame propoñervos participar no concurso de artes plásticas que organiza esta empresa alimentaria con motivo das Letras Galegas 2020 en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A temática é tan aberta como inspiradora: PRIMAVERA DE LETRAS. Atrevédesvos a plasmar nunha obra que é para ti o galego e as nosas letras?
1. Dúas categorías de participación: infantil e primaria.
2. Sube unha obra realizada por un/unha neno/a de entre 3 e 12 anos do cal sexas pai, nai ou titor/a legal. Pode ser un debuxo, unha pintura, un collage, unha manualidade... Imaxinación ao poder! Podes fotografalo ou escanealo para subilo á aplicación.
3. Temática "Primavera de Letras". Pídelles que reflictan na súa obra artística que é para eles o galego e o valor da nosa lingua e da nosa literatura. A obra pode levar a firma do/a neno/a e a súa idade.
4. Técnica e formato: libre! Poden empregar lápices, ceras, témperas, acuarela, técnica "collage", etc. Poden facer unha manualidade, empregar materiais de refugallo para facer unha escultura... O que se vos ocorra! Renda solta á súa creatividade!
5. Prazo: 31 de maio de 2020.
Premios (elixidos por xurado):
1. Premio Infantil (3-6 anos): unha xornada en familia para visitar Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
2. Premio Primaria (7-12 anos): unha xornada en familia para visitar Marcelle Natureza, un patinete, un lote de libros e outro de produtos Feiraco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario