Arquivo do blog

11 de maio de 2020

Sorpresón!

Fai algúns días recomendeivos un blog de cociña fantástico, Bolboretas no bandullo. Pois ben, hoxe estou emocionada de anunciarvos que os seus autores, Diana e David, tiveron a xentileza de enviarnos un vídeo en exclusiva para nós, e nel aparecen co seu pequeno Xiao.
Paréceme moi interesante ter este pequeno contacto con autores xa que debido ao estado de alarma non puidemos recibir algunhas visitas que tiñamos programadas para o terceiro trimestre.

Aquí volo deixo, prestade atención:


Diana Fernández e David Díaz son filólogos galegos, apaixonados pola lingua e a cociña. Desde 2013, a través de Bolboretas no bandullo, levan adiante este proxecto comprometido coa lingua e a cultura galega facendo unha importante achega á presenza do noso idioma na rede. Ademais, teñen publicado un fabuloso libro de cociña infantil na editorial Xerais (seguro que algúns e algunhas xa o coñecedes porque o temos na biblioteca do cole):


Grazas, Diana e David, pola vosa amabilidade e por axudarnos a seguir avanzando nas nosas aprendizaxes, aínda que sexa desde os nosos fogares. Grazas tamén á profe Naiara, sen ela isto non se tería producido.
Seguiremos cociñando con vós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario