Arquivo do blog

22 de abril de 2020

A Terra necesita respirar

Feliz Día Internacional da Terra!

Co estado de alarma, debemos permanecer nos nosos fogares. As rúas están desertas, as estradas teñen moito menos tráfico, algunhas fábricas deixaron de funcionar e regúlase o acceso aos supermercados, entre outras medidas.

Lembrádesvos cando fomos a visitar a exposición "Nuestro planeta" na Fundación Abanca? Alí, Laura falounos da importancia de protexer o planeta no que vivimos, e do dano que estaba a sufrir pola contaminación.




Ben, pois agora que as persoas imos permanecer nas casas durante unha tempada...

Como cres que se sinte a Terra?

Escribe un pequeno texto (en galego ou en castelán) no que contes como afecta á natureza que os humanos quedemos nas nosas casas e como cres que se sinte ela. Primeiro elabora un borrador, con lapis e papel, logo revísao atentamente e corrixe os teus erros.
Unha vez listo pásado a limpo e, se queres, envíame unha foto ou un documento de texto ao meu correo electrónico! Podes acompañar o texto cun debuxo ou unha fotografía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario