Arquivo do blog

30 de abril de 2020

Textos de uso social: a lista da compra

Para poder facer a túa receita, deberás contar con certos ingredientes na túa casa. Se non os tes, terás que elaborar unha lista da compra para cando vaias ao supermercado. Nestes días, debemos planificar mellor ca nunca a lista da compra, pois temos que minimizar as saídas a lugares concurridos.
Así pois, estas semanas ti serás o encargado ou encargada de facela! Anímaste? 
Podes organizar a lista en varios apartados, por exemplo:
- Froitas e verduras
- Peixe e carne
- Arroz, pasta e legumes
- Lácteos
- Outros

Ten en conta que deberías incluir todo tipo de alimentos que vos permitan levar a cabo unha alimentación saudable e equilibrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario