Arquivo do blog

14 de abril de 2020

Fotografiando as mates

Aínda que eu non son a profe de mate quería propoñervos este reto!

Sabedes que as matemáticas están na nosa vida, en todas partes. Pois ben, iso é o que quero que fotografiedes (pedídelle prestado o móbil a un adulto da familia).

Como? Pensa primeiro que forma parte das matemáticas: os números, as cantidades, as formas xeométricas, as gráficas, as sumas, as liñas, as medidas... Unha vez o teñas claro comeza a buscalas nos pequenos detalles do día a día. A cada foto ponlle un título que faga referencia ao concepto matemático que fotografache.

Coas fotos de todos e todas, faremos un vídeo para que vexamos a importancia das mates no día a día.

Aquí vos deixo algúns exemplos que atopei pola miña casa:

Cantidades

Números

Simetrías

Formas xeométricas: círculos



Ningún comentario:

Publicar un comentario