Hoxe imos intentar facer unhas obras de arte utilizando cartón, pasta e legumes. Para iso, podemos usar espaguetti, fideos, macarróns de distinto tipo, arroz, lentellas, fabas...
Imos seguir os seguintes pasos:
1. Cortamos un rectángulo de cartón, unha tapa de caixa de zapatos podería servir, por exemplo.
2. Pensamos o deseño e debuxámolo no cartón cun lapis.
3. Imos pegando as legumes e a pasta segundo o deseño que planificamos.
4. Esperamos a que seque e buscamos un lugar onde expoñelo.
Se non temos pegamento ou cola, sobre unha superficie podemos facer unha obra de arte máis fugaz colocando simplemente a pasta e as legumes para formar algunha figura.
Aquí vos deixo algúns exemplos:
Agardo as vosas fotos!
Blog para compartir experiencias, actividades, ideas, recursos...

Ningún comentario:
Publicar un comentario