Arquivo do blog

3 de abril de 2020

Final do trimestre

Ola!

Hoxe finalizamos o segundo trimestre desta maneira tan atípica. Antes de despedirme gustaríame pedirvos, dentro do posíbel, que cubrisedes a diana de autoavaliación, trátase de que coloreedes as partes da diana que correspondan para que podades ver como ides traballando. Seguro que o estades facendo fenomenal!


Temos por diante unha semana de descanso pero non vos olvidedes de ler un chisco cada día, se pode ser en galego e en castelán mellor que mellor!

Por último, déixovos o pdf dun caderno da Editorial La Calesa con actividades de Lengua e Matemáticas por se algún día vos aburrides e queredes sacar algunha ficha.


Vémonos nuns días!💚

Ningún comentario:

Publicar un comentario