Arquivo do blog

17 de abril de 2020

Proba superada?

Bo día outra vez!

Encantoume vervos hoxe! E, aínda que tivemos algúns problemas cos micrófonos, coas cámaras e coa orde nas intervencións, foi algo extraordinario.

Fotografía da profe Davinia💓

A idea é vernos todos os venres para comentar a semana, facer algunha actividade de lectura e expresión oral todos xuntos, e tamén resolver dúbidas, pero organizarémonos en grupos máis pequenos para que sexa máis doado que todos e todas podamos participar e non aburrirnos.

Esta fin de semana pensarei na organización exacta para poder seguir tendo esta conexión! Mantéñovos informados!


BOA FIN DE SEMANA!

2 comentarios: