Ola nenos e nenas!
Despois duns días de vacacións, xa estamos de volta! Que tal estades? Agardo que ben!
Hoxe vou deixarvos unha compilación de fichas de lengua, lingua e matemáticas para que traballedes as próximas dúas semanas. O ideal sería facer dúas ou tres cada día para non perder a rutina.
Todas as tarefas son de repaso, polo que só deberedes recordar algunhas das cousas que estudamos na clase ao longo do primeiro e segundo trimestre.
MATEMÁTICAS
LINGUA GALEGA
LENGUA CASTELLANA
Podedes mandarnos as fichas feitas ao correo electrónico (se non vos é moito rollo!), as de matemáticas a Davinia (daviniamariatome@edu.xunta.gal) e as das linguas ao meu (sandrachaves@edu.xunta.gal). Estaremos encantadas de acompañarvos nos vosos avances!
Por outra banda, son consciente de que algúns non tedes escáner na casa (eu mesma, por exemplo), por iso, quero recomendarvos unha APP para o móbil que serve para dixitalizar documentos e o seu uso é sinxelo.
Notebloc está dispoñible para dispositivos Android e Ios, é completamente gratuíta, sen publicidade nin compras integradas.
Estade atentos ao blog porque nos próximos días irei publicando cousiñas moi interesantes e divertidas de todas as materias! Isto de hoxe só é para irnos poñendo a funcionar!

Ningún comentario:
Publicar un comentario