Estes días, nas noticias, estase a falar moito da importancia da Vitamina D para o noso corpo.
Para estar sans e fortes, o noso corpo necesita nutrientes que normalmente adquirimos dos alimentos grazas ao aparello dixestivo.
As proteínas, os hidratos de carbono, as graxas, as vitaminas e os sales minerais son nutrientes que o noso corpo necesita diariamente para funcionar.
No caso da Vitamina D, hai moitos alimentos que a conteñen, sabedes que comidas podemos facer para ter a vitamina no noso corpo? Pero tamén a podemos conseguir doutra maneira, que agora non nos é posible porque estamos metidos na casa. Sabedes de que forma a podemos conseguir? E se non temos vitamina D, que lle ocorre ao noso corpo? Que síntomas temos?
Buscade información e elaborade un pequeno texto informativo sobre a importancia da vitamina D no noso corpo, do que podemos facer para conseguila e o que lle ocorre ao corpo se temos deficiencia da mesma.
Primeiro fai un borrador coas ideas que vas tratar no texto e despois organízaas en oracións e parágrafos. Inclúe tamén unha foto ou un debuxo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario