Arquivo do blog

28 de abril de 2020

O museo na casa

O Museo de Belas Artes da Coruña, dentro da iniciativa #aculturasegue propónnos unha actividade chulísima chamada #MUSEONACASA, para todas as idades! e que busca que vos animedes a recrear unha selección de cadros que nos propoñen. Estas son as indicacións:
1. Escolle unha entre as seguintes nove obras propostas polo museo:
2. Crea e versiona a obra cos materiais e técnicas que ti elixas.
3. Envíaa cos teus datos ao correo mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

O prazo remata o 15 de maio!

As obras seleccionadas serán anunciadas o día 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e subiránse á web oficial do Museo Belas Artes da Coruña.
Subirán algunhas das obras preseleccionadas para que poidades votar as que máis vos gusten.
Se subides as vosas creacións ás redes non esquezades etiquetar o Museo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario